9.3.26

"A BIBLIO CONciencia 25-26"

No mes de febreiro a Biblio de IRVI convírtese na Biblio CONciencia, con fin de conmemorar o Día da Muller e a Nena na ciencia. Todos os nenos e nenas do colexio transformáronse en pequenas e pequenos científicos.

A BIBLIO CONciencia 25-26

6.3.26

"IRVIPATIO EN INFANTIL"

Estamos de estrea no patio de infantil co novo recuncho de IRVIPATIO. Moito desfrutaron os máis pequen@s do cole coa lectura á hora do recreo.



5.3.26

"ENCONTRO PLAMBE"

A Biblio de IRVI, coa súa coordinadora MERCHI, participando e formándose nos ENCONTROS PLAMBE, en Santiago.



2.3.26

"CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA"

Para festexar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º recitou algúns dos seus poemas aos seus compañeir@s durante a Hora de Ler.