Nesta ocasión, BRATE de 4ºA de infantil convidou ao seu pai MANUEL, a contar algúns dos seus contos favoritos aos seus compañeiros e compañeiras de infantil: "Quen levou a lúa?", "Chivos, Chivóns" e "Xaime e a landra".
25.2.26
23.2.26
20.2.26
"MOCHILAS VIAXEIRAS"
Como nos gusta comprobar que os nosos lectores máis pequeniños desfrutan moito cando levan a Mochila Viaxeira para a súa casa. Esta semana Roi, de 4ºB de Ed. Infantil sorprendeunos cun marabilloso traballo sobre o conto que máis lle gustou, Marmelada de amorodo.
12.2.26
"11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O alumnado de 1º conmemorou este día coloreando un bonito debuxo. Ademais, no expositor temático do corredor da Biblio de IRVI, xa están colocados unha selección de libros relacionados con esta celebración. Proximamente realizaremos unha nova edición da Biblio CONciencia, coa práctica de varios experimentos de todo o alumnado na nosa Biblioteca.
10.2.26
“ENCONTRO CON RAMÓN D. VEIGA “
Hoxe, o alumnado de 5º de primaria tivo no Liceo un encontro co coñecido escritor de libros infantís Ramón D. Veiga.
7.2.26
"21 DÍAS CO GALEGO E +: OBRADOIRO DE REGUEIFAS"
A Biblio de IRVI, foi escenario dun Obradoiro de Regueifas para o alumnado de 5º de Primaria, dentro do Programa 21 Días co Galego e +






