Cada vez está máis preto o estreno do xornal "NOVAS VILLAR", promovido por dúas alumnas voluntarias da nosa Biblio de IRVI, Vera e Paula. Esta semana xa fixeron as audicións para seleccionar aos seus compañeiros e compañeiras "xornalistas".
27.11.25
"VIVAN AS UÑAS DE CORES"
Traballando a diversidade, no grupo de 1ºB, na semana do Día Internacional contra a violencia de xénero, a través do conto "Vivan las uñas de colores".
26.11.25
"GAÑADORA CONCURSO LEMA 25 N"
Dentro do Proxecto Documental IRVIAXE Á CREATIVIDADE, convocamos un concurso para escoller o lema que plasmamos nas camisetas que levamos para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, e tamén, o Día Internacional da Muller o 8 de marzo. Nesta ocasión a gañadora foi SABELA ATANES REY de 5ºA.
Parabéns!!!!
19.11.25
"ATENCIÓN, ATENCIÓN..."
Dúas das nosas voluntarias da BiblioIRVI, tiveron a gran idea de facer un xornal para informar das noticias máis importantes do colexio. Xa empezaron a anuncialo e a buscar colaboradores. Estamos desexando que apareza o primeiro número.
Moi pronto no noso colexio o xornal "NOVAS VILLAR"
11.11.25
"RECOMENDACIÓNS LECTORAS"
Volven ao noso blog as recomendacións lectoras dos nosos lectores máis expertos. Nesta ocasión é o alumnado de 6ºB o que nos fala dalgúns dos seus libros favoritos.
6.11.25
"IRVIPATIO"
Estes días estreamos o IRVIPATIO, dentro do Programa de Patios Dinámicos que empezou a funcionar no noso colexio durante os recreos. Os nenos e nenas poden desfrutar da lectura no patio no tempo de lecer.
"CONTOS DE MEDO POR SAMAÍN"
Unha das actividades que máis desfrutan os nosos voluntarios e voluntarias é a de contadores de historias aos seus compañeiros e compañeiras de colexio. No SAMAÍN, non poden ser outras que os...
CONTOS DE MEDO






