24.10.25

"DÍA DAS BIBLIOTECAS: MOCHILAS VIAXEIRAS"

Non hai mellor forma de celebrar o Día das Bibliotecas, que repartindo as nosas Mochilas Viaxeiras por primeira vez neste curso. Os nenos e nenas que lles tocaba, levárona para casa con moitas gañas de desfrutar dos libros que ían nelas, despois de que os voluntari@s as entregaran polas aulas.








19.10.25

"EXPOSITOR LIBROS SAMAÍN"

Xa se acerca o Samaín e, na nosa BiblioIRVI, xa temos preparado o expositor temático con libros terroríficos. Atrévete a levalos!!!



8.10.25

"VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI 25-26"

Un curso máis, contamos cun gran número de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º na nosa Biblio, dentro do programa de Bibliotecas Solidarias. Este curso máis que nunca. 

Moitas grazas!!!!!