31.1.25

"DÍA INTERNACIONAL DA MAXIA"

 O 31 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día da Maxia, e este ano, quixemos conmemoralo dunha forma especial dende a Biblio de IRVI. Todo o alumnado do noso colexio está desfrutando durante estas semanas de dunha sesión de maxia grazas ao Profe Fernando, MAGO CHIRLETA.


DÍA DA MAXIA

E, durante os recreos, desfrutando do Recuncho da Maxia na Biblio de IRVI.


"CONTACONTOS DÍA DA PAZ 4º INFANTIL"

O alumnado de 4º de Infantil desfrutou conxuntamente dunha contada do libro "Imaxinando un mundo novo" o Día da Paz.



17.1.25

"ESCOLA DE MAXIA"

Este mes celébrase o Día da Maxia e, para comezar, esta semana tivemos a presentación da "Escola de Maxia" no noso colexio, grazas ao noso Profe Fernando, MAGO CHIRLETA. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º de Primaria o afortunado. Nos vindeiros días tamén desfrutará desta actividade o resto dos nosos alumn@s.