24.10.24

"DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024"

Como cada 24 de Outubro dende a Biblio de Irvi, sumámonos á celebración do Día das Bibliotecas. Nós quixemos facelo repartindo, coa axuda dos nosos voluntarios e voluntarias, as Mochilas Viaxeiras por todas as aulas do noso colexio que empezarán a viaxar ás casas de todo o alumnado durante este curso.




2.10.24

"COMEZAMOS O PRÉSTAMO"

A semana pasada realizamos a Formación de Usuari@s por parte dos membros do equipo de Biblioteca, destinada a lembrar as normas de funcionamento da nosa biblioteca (con algunha sorpresa máxica polo medio).



Esta semana xa comezamos o préstamo. Todo o noso alumnado pode acudir á Biblio de IRVI a coller libros, revistas..., tanto na sesión semanal, como no recreo cando lle corresponda ao seu grupo.