Esta semana nos visitaron a mamá e papá de Jorge de 6ºB de Infantil e Carlos de 4ºB de infantil, que nos leron os seus contos favoritos: "Corre, corre cabaciña" e "Una mamá para Owen".
14.5.25
24.4.25
"DÍA DO LIBRO 2025"
Non hai mellor maneira que celebrar o Día do Libro que lendo un libro e así fixémolo hoxe, día 23 de abril, todos e todas a un tempo nos patios durante a Hora de Ler. Os voluntarios e voluntarias da Biblio de Irvi colaboraron nesta actividade léndolle aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria algúns dos seus libros favoritos, e os demais cursos fixeron lectura individual. Ademais aproveitamos para entregar os agasallos aos gañadores e gañadora do V Certame de Poesía BiblioIrvi.
Parabéns Triana, Iván e Érik!!!!
3.4.25
"DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"
O 2 de abril conmemórase o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo. Por iso, o Profe Fernando estes días fixo un contacontos cheo de maxia aos alumnos e alumnas de Infantil e Primeiro Ciclo de primaria.
30.3.25
"AS FAMILIAS CONTAN: UXÍA, LAURA, SONIA E CARLOS"
Esta semana a familia composta por Uxía de 6ºB de Infantil, Laura de 3ºA e os seus pais Sonia e Carlos, contaron e representaron o conto "A Cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de Infantil e 3º de Primaria .
Moitas grazas !!!!
21.3.25
"TEMPO DE FORMACIÓN"
Merchi, coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, acudiu a Santiago aos Encontros PLAMBE. Seguimos formándonos para que a nosa Biblio de IRVI siga mellorando.
10.3.25
"EXPOSICIÓN NA BILIO DÍA DA MULLER"
Este luns inauguramos na Biblio a exposición organizada, con motivo do Día Internacional da Muller, polo profe Fernando "Serás aquela que quixeches ser". A través de xoguetes, preséntanse as historias de mulleres de todos os tempos que conseguiron ser aquelo que quixeron ser.