16.5.24

"VISÍTANOS MON DEVANE"

Esta semana recibimos a visita do artista ourensá MON DEVANE, que foi entrevistado polo alumnado de 6º de primaria, sobre o que basearon o seu traballo do proxecto IRVIARTE que desenvolvemos no noso colexio durante este curso. 
Moitas grazas pola túa amabilidade e as túas ensinanzas mon devane!!

MON DEVANE

15.5.24

"ACTIVIDADE ANIMACIÓN Á LECTURA: CONTACONTOS ALUMNADO 5ºB"

Varios alumn@s de 5ºB de Primaria, algúns voluntarios e voluntarias da nosa Biblioteca, quixeron contarlle o conto "Paco Papán" aos seus compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, no que desfrutaron moitísimo.



"NOVIDADES BANDA DESEÑADA NA BIBLIOIRVI"

Este mes de maio, contamos con novas aportacións de Banda Deseñada na nosa Biblioteca.



12.5.24

"P.D.I. IRVIARTE: ARTETERAPIA"

Despois do que desfrutaron anteriormente no mes de abril os nenos e nenas de 4º, nesta ocasión foi o alumnado de 5º de Primaria o que tivo unha sesión de "Arteterapia".


"P.D.I. IRVIARTE: PINCELADAS MUSICAIS"

O alumnado de 3º de Primaria desfrutou dunha fermosa clase didáctica, a cargo do Departamento de Música Antiga do Conservatorio de Música de Ourense, denominada "Pinceladas Musicais", relacionando a música coa Arte. 


IRVIARTE: PINCELADAS MUSICAIS 3º

28.4.24

"SEMANA DO LIBRO NA BIBLIO DE IRVI"

Durante toda a semana, os alumnos e alumnas do cole celebraron a Festa do LIBRO, visitando a nosa Biblio, como os nenos e nenas de 5º de Infantil e todo o alumnado nos recreos.


semana do libro

"CONTACONTOS EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL"

Seguindo coas actividades de celebración da Semana do Libro, o alumnado de Educación Infantil, desfrutou dun contacontos a cargo de OTI, relacionado coa xestión das emocións, co conto "Cinco Enfados" de Gabriela Keselman.